A Coroa da Alianza: Unha raiña para deter a tiranía

César Pazos Carrero

LEELO EN

Decubre a enigmática historia de A Coroa da Alianza. No ano 2080, Leonor de Borbón, allea ás convulsións políticas de España, vese envolta nun desafío sen precedentes por parte do Goberno de Europa, co respaldo dos Estados Unidos e Israel. Nun contexto de tensions xeopolíticas, un amor do pasado rexorde tras ser truncado por un atentado, mentres Leonor se converte na gardiá dunha nacente relación entre a súa fiel ministra e un fervente republicano galego. A complicidade desta parella será clave para os seus plans, protexéndoos daqueles que ameazan á democracia. Vive romances que traspasan fronteiras e prefiguran o futuro da humanidade.

A narrativa transpórtate a través do tempo, desde o ano 26 a.C. ata o futuro distópico de 2080, entrelazando personaxes e amores que te atraparán. Pescuda os misterios de civilizacións perdidas e sociedades avanzadas, enfrontando retos ancestrais e dilemas morais. Redescubre sabedorías esquecidas para afrontar os desafíos que están por vir, nun mundo onde a xenreira e o supremacismo axexan, distraendo dos auténticos perigos que ameazan a humanidade. Embarca nesta odisea e explora un universo cheo de misterio, paixón e aventura.

A Coroa da Alianza emerxe como unha novela bélica e polémica, convidando á reflexión e ao debate entre os seus lectores.